Curso de contacontos

A través do xogo e a relaxación as persoas participantes descubrirán as técnicas máis efectivas para contar contos.

Persoas destinatarias:  profesorado, pais, nais, persoal das bibliotecas, xestores culturais e público en xeral.

Duración e desenvolvemento:  14 horas divididas en 4 sesións de 3 horas e media.

Desenvolverase os días 20, 21 e 27 e 28 de febreiro en horario de 17:00 h a 20:30 h.

Lugar:  Libraría A Tenda dos Libros. Avenida de Anllóns, 2 baixo. Ponteceso

Contidos:  O curso vaise estruturar en varios apartados: dunha banda, farase unha clasificación de libros infantís e xuvenís por idades, atendendo á súa temática e ao seu formato.

Tamén se abordarán pautas sobre como organizar unha sesión de contacontos en función dos intereses e das expectativas do público, segundo sexan nenos ou maiores. Nestas xornadas prestaráselle unha especial atención á recuperación e á posta en valor da tradición oral e do cancioneiro popular, como legado cultural co que medraron e se formaron as xeracións pasadas. Na recta final do curso, os participantes poderán preparar a narración e escenificación dun conto que van expoñer nunha sesión de contacontos real e aberta ao público. A partir desta experiencia, poderán analizar individual e colectivamente cuestións e estilo e expresión.

A profe:  Beatriz Campos é licenciada en Interpretación textual e conta cunha ampla experiencia como actriz, narradora e docente de expresión dramática.

Formou parte do equipo de animación a lectura de Kalandraka Editora e actualmente protagoniza en Migallas Teatro as sesións de narración oral Contos nas orellas e a de bebés Entre arrolos e cantiños.

Inscrición e prezo:  Podes inscribirte directamente na libraría A Tenda dos Libros na Avenida de Anllóns, 2 baixo, Ponteceso, por teléfono no número 981 714 772 ou por correo electrónico enviando unha mensaxe ao enderezo info@atendadoslibros.com.

O prezo é de 45€ e debe aboarse no momento da inscrición.

 

 

Localización