20130416_cartaz.jpg

Envíanos unha fotografía co teu libro favorito e gaña un vale de 50€

Levamos 3 anos lendo contigo e desexamos celebralo xuntos.

Mándanos unha fotografía co teu libro favorito ao noso enderezo de correo electrónico (info@atendadoslibros.com) indicando o teu nome e o teu número de teléfono (non os publicaremos).

Subiremos a fotografía a nosa páxina de Facebook e aquela que obteña máis "Gústame" será a gañadora.

As votacións terán lugar entre os días 23 de abril (Día do libro) e 17 de maio (Día das letras galegas) as 14:00 horas.

O premio será un vale de 50€ que poderás canxear por calquera produto da nosa tenda, iso si, terás que facelo presencialmente na libraría antes do 31 de maio.

Cada persoa só poderá enviar unha fotografía. 

Canto antes a envíes máis posibilidades terás de gañar.

Anímate e participa!

Localización